Un ano máis, contaremos coa colaboración dos nosos compañeiros David Dopereiro e Ismael Espasandín, que compartirán con nós o seu valioso traballo no estudo e conservación da herpetofauna no concello da Coruña. Nesta ocasión, a actividade centrarase na víbora de seoane (Vipera seoanei), unha especie representativa dos nosos ecosistemas e que, malia a súa importancia ecolóxica, segue sendo amplamente descoñecida e inxustamente temida.
A xornada terá lugar o sábado, 21 de xuño de 2025, de 9:30 a 12:30h, e consistirá nunha saída interpretativa pola contorna de Feáns. Alí, poderemos coñecer de primeira man a metodoloxía empregada por David e Ismael no seguimento desta especie e observar o seu traballo de campo. Ademais, aproveitarase a ocasión para poñer en valor a biodiversidade asociada ás prácticas agrarias tradicionais que se manteñen na periferia do municipio, e que constitúen un refuxio fundamental para moitas especies silvestres.
Será unha oportunidade única para achegarse ao mundo da herpetoloxía e reflexionar sobre a importancia de conservar tanto as especies coma os hábitats que as acollen.
Tes ata o venres, 20 de xuño do 2025, ás 14h para inscribirte!!
Este curso ten un custo de:
-
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
- Nenos (menores de 14 anos): 5 €
- Socios/as G.N. Hábitat:
-
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
- Nenos (menores de 14 anos): 8 €
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
O importe recadado coa inscrición nestas actividades destinarase integramente ao proxecto de estudo da poboación de víboras de Feáns. Agradecemos moito a túa colaboración e apoio nesta iniciativa de conservación.
Lembramos que para participar é imprescindible realizar a inscrición previa e formalizar o pago dentro do prazo establecido. Non se permitirá a asistencia de persoas que non estean inscritas ou que non teñan completado o proceso de pago en tempo e forma.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da actividade. Ademais, recibirán toda a información necesaria e as recomendacións oportunas para garantir unha experiencia segura e satisfactoria.
Pregamos compromiso e responsabilidade á hora de asistir. No caso de non poder participar tras confirmar a túa praza, agradeceriamos que nos informaras canto antes. Deste xeito, poderemos ofrecer esa praza a outra persoa interesada e contribuír a que máis xente poida desfrutar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment