O vindeiro domingo, 15 de xuño do 2025, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade. Unha iniciativa do G.N.Hábitat na procuramos unha #naturezainclusiva, prestando especial atención a persoas e organizacións que traballan pola diversidade funcional e colectivos en risco de exclusión, promovendo deste xeito a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.
Desta volta virá connosco un grupo de usuari@s da Asociación Galega de Lupus (AGAL), cos que realizaremos unha nova xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules na que aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Unha xornada de descuberta e conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave da nosa cidade.
Seguro que será unha fermosa xornada!

Leave A Comment