Chega ao seu fin o proxecto “Coñece o teu mar”, dentro do cal o Grupo Naturalista Hábitat organizou actividades divulgativas sobre o medio mariño, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur. O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles.
A derradeira sesión terá lugar o domingo, 15 de xuño, na Casa da praia de Bastiagueiro do Concello de Oleiros, co seguinte programa de actividades:
- 10.30 – 12.00 h: Faladoiro sobre medio mariño, onde trataremos cuestións propias dos océanos, como mareas, ondas, salinidade…
- 12.15 – 13.45 h: Visita ao intermareal de Bastiagueiro.
- 16.30 – 18.00 h: Faladoiro sobre flora mariña, para coñecer as algas e plantas que habitan os nosos mares.
- 18.15 – 19.45 h: Faladoiro sobre fauna mariña, onde descubriremos a enorme diversidade de animais que viven baixo as augas.
A xornda é de balde e aberta ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste!

Leave A Comment