O 17 de abril celébrase o Día Internacional dos Morcegos, uns animais extraordinarios polo seu modo de vida, sendo os únicos mamíferos con capacidade de voar. Con este día preténdese recoñecer o incalculable valor das funcións ecolóxicas que desenvolven, tales como o control de pragas, a polinización e a dispersión de moitas especies vexetais, entre outras; e tamén crear conciencia acerca da súa conservación.

Aproveitando esta data tan sinalada, o mércores, 16 de abril do 2025, ás 20.30 h celebraremos a noite dos morcegos, da man de Manu Arzúa, membro de Morcegos de Galicia e experto na materia, que nos falará destes extraordinarios seres, e nos amosará como detectalos e recoñecelos. O lugar escollido é a reserva do Catorce, unha lagoa custodiada pola Fundación Fragas do Mandeo en Coirós (A Coruña).

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

    • Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
      • Nenos (menores de 14 anos): 5 €
    • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
      • Nenos (menores de 14 anos): 8 €

As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.

 

Tes ata o mércores 16 de abril ás 15 h, para inscribirte!!!

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!