Neste 2024 non queremos esquecernos dos nosos compañeiros de Vimianzo, e por quinto ano consecutivo celebraremos con eles unha nova xornada ambiental, da man dos nenos e nenas do campamento Furancho Deportivo. Desta volta levaremos a cabo unha actividade no marco da nosa iniciativa Hábitat sen lixo, que pretende a concienciación e o traballo proactivo a fin de reducir o impacto dos residuos na nosa contorna.
Vémonos pronto rapaces!

Leave A Comment