Como xa saberás, o pasado ano 2022 o G.N.Hábitat foi convidado a participar nun proxecto cuxo obxectivo consistiu en configurar un espazo verde destinado ao uso público, na veciña parroquia de Dorneda (Oleiros). Unha contorna na que tivemos a sorte de traballar intensamente, ben acompañados da man de expertos en xardinería, paisaxismo e construcción, pertencentes a Trébore xardinería, Orza Paisaxismo e J.Esmoris e Hijos, S.L., ao que se engadiu a implicación da propia promotora e do Concello de Oleiros. O espazo rematado foi finalmente bautizado como “Parque Rosalía Mera” polo propio consistorio, herdeiro desta contorna natural, aberto a todo aquel que desexe gozar deste recuncho de lecer e de natureza, fiel á súa consigna de uso público.
No pasado mes de febreiro deste ano publicamos unha nova máis extensa na nosa web, onde recollimos o que supuxo para o G.N.Hábitat esta oportunidade, así como a filosofía deste parque e exemplos das intervencións realizadas. Se queres, podes leelo detenidamente na seguinte ligazón:

 

Mais estes espazos hai que vivilos! E que mellor xeito de compartir esta experiencia que visitar o parque da man dos nosos socios e socias (incluidos os membros da XII promoción da Escola de Naturalistas). Por isto convidámosvos a unha xornada o vindeiro domingo, 18 de agosto, de 10:30 a 13:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

Actividade exclusiva para socios. As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

 

Socios/as, agardámosvos!

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014