Desde os días 20 ao 28 de xullo do 2024 celébrase a Moth Week, a Semana das Avelaíñas, e, tal e como fixemos na Noite Europea das Avelaíñas, realizaremos unha xornada para celebrar esa Moth Week. Nesta ocasión iremos a Labrecos S. Coop Galega, unha empresa galega dedicada á produción de produtos de horta ecolóxica e de gandería ecolóxica, situada no concello de Oza-Cesuras e que están inscritos no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Os traballos que se realizan desde Labrecos sempre buscan protexer a biodiversidade, respectar o medio natural onde está situada a súa empresa, sen empregar produtos químicos de síntese, revitalizando o rural galego, ademais de proporcionar o acceso a unha alimentación saudable para ter nas nosas casas, nos restaurantes ou nos comedores dos colexios que tan preto deles. Así é perfecto, que Labrecos nos permita visitar as súas instalacións e tamén de facer unha xornada nocturna con eles e descubrir todos os misterios que se agochan polas noites entre os seus cultivos.
A xornada será este sábado, 27 de xullo do 2024, de 21:30 a 01h, na que visitaremos as instalacións de Labrecos e, logo colocaremos a nosa trampa de luz para ver as diferentes especies de avelaíñas e outros animais nocturnos que podemos atopar en Oza-Cesuras.
As prazas son limitadas, e é necesario que vos inscribades antes no seguinte formulario:
Nestas actividades contaremos co apoio da Sociedade para a Conservación e o Estudo das Bolboretas en España (SOCEME)
Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment