Esta fin de semana participamos na III Xornada Galega de Custodia do Territorio, un punto de encontro entre as entidades que traballan en custodia do territorio en Galicia, así como un foro aberto a outros axentes sociais e económicos vinculados dunha ou outra forma a esta estratexia de conservación.
A III Xornada Galega de Custodia do Territorio celebrarase en Lugo o 1 de xuño do 2024, incluíndose dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
Máis info en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630948293 (teléfono ou WhatsApp).
Sesión de mañá: Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo (Lugo).
• 10:00. Presentación da xornada.
• 10:15. Bloque I – Avances a nivel estatal de interese para a CdT en Galicia.
• 11:30. O acordo de CdT para a xestión das Insuas do Miño e Ollos de Begonte.
• 12:00. Pausa – café.
• 12:30. Bloque II – Mapeo de iniciativas galegas de CdT: Que aporta o teu proxecto? Que tipo de acordo tes? Con quen traballas? Que superficie abarcas? Cales son os teus obxectivos de conservación?
Sesión de tarde: Casa das Insuas (Rábade).
• 14:00. Xantar de traballo.
• 15:30. Café – presentación doutras entidades.
• 16:30. Bloque III – Rede Galega. Liñas de traballo en común.
• 18:00. Paseo polas Insuas do Miño.
• 20:00. Peche da xornada.

Leave A Comment