Quen somos2017-05-19T09:01:44+00:00

Quen somos

  • Observando aves nun roteiro
  • Identificando invertebrados
  • Na busca de anfibios
  • Na radio
  • Especies invasoras e autóctonas
  • Actividades en escolas
  • Amosando un Discoglossus galganoi
  • Montando redes de anelamento
  • Identificando odonatos
  • Observando un Discoglossus galganoi
  • Actividade en Cecebre
  • Odonatos e lepidópteros
  • Plantación de árbores autóctonas
  • Caixas refuxio
  • Anelamento de aves
  • Entomoloxía
  • Instalando caixas refuxio
  • Roteiros pola torre

O Grupo Naturalista Hábitat, entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis sobranceiras de Galicia.

Desde a súa fundación na Coruña en 1979 por un grupo de naturalistas entusiastas, ven realizando diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto numerosas campañas de divulgación do noso patrimonio natural, contribuíndo a xerar en Galicia unha corrente de preocupación polo medio natural.

Dende os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, dende un enfoque naturalista baixo criterios científicos. Froito deste traballo incesante, Hábitat ten contribuído de maneira clave na protección de numerosos espacios naturais agora xa emblemáticos, como o humidal de Baldaio e as Fragas do Eume.

Paralelamente a este traballo conservacionista, Hábitat organiza decote numerosas excursións, cursos e charlas de divulgación da natureza, dirixidos ó público en xeral, baixo a premisa de que difícilmente se pode protexer o que non se coñece.

Se desexas recibir no teu correo electrónico información das actividades que organizamos, envía unha mensaxe a habitat@gnhabitat.org co asunto “ALTA NOVAS“, e incluiremos o teu enderezo na nosa lista de difusión.
Tríptico GNH

Visualiza e descarga aquí o tríptico informativo sobre o Grupo Naturalista Hábitat. Ou mellor…

Faite soci@!
Logo Hábitat 1979

Composición da Xunta Directiva

Estas son as actuais cabezas visibles do Grupo Naturalista Hábitat, pero os realmente importantes son os socios, simpatizantes e todo aquel que algunha vez colaborou ou compartiu con nós a súa paixón pola natureza ao longo destes case corenta anos.

  • Presidente: Ricardo Ferreiro Sanjurjo
  • Vicepresidente: Santiago Vázquez Casás
  • Secretario: Óscar Vázquez Casás
  • Tesoureiro: Víctor Manuel Souto Balado
  • Vogalía de medios de comunicación: Atocha Paula Ramos Martínez
  • Vogalía de publicacións científicas: Martiño Cabana Otero
  • Vogalía de relacións institucionais, iniciativas e proxectos: Andrés Rodríguez Pereira
  • Vogalía de anelamento: ​ Francisco Rosende Maneiro
  • Vogalía da Fundación Fragas do Mandeo: Antón Vázquez
  • Vogalía de ornitoloxía: Daniel Monteagudo Anido
  • Vogalía de botánica: Adán Gonçalves García
  • Vogalía de xestión e coordinación interna: Manuel Cernadas Villar
  • Vogalía de entomoloxía: Elia Pérez Taboada
  • Vogalía de denuncia ambiental: Lorena Pardo Rabuñal
  • Vogalía de biodiversidade e paisaxe​: Rocío Montes Pampín
  • Vogalía de tecnoloxías da información e das comunicacións: ​ Juan David Presa Díez