No mes de maio, teremos uns cursos moi interesantes sobre fotografía, impartidos polos nosos compañeiros Manu Ruiz e Ismael Espasandín

O primeiro curso centrarase na fotografía da natureza, con Manu Ruiz como ponente, afeccionado á ornitoloxía e experimentado fotógrafo de paisaxes, aves e outra fauna. Manu tamén é divulgador ambiental e forma a docentes no ámbito audiovisual, tanto en centros escolares como universitarios, como no Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) e no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Este curso de fotografía da natureza dividirase nunha charla formativa o venres, 24 de maio do 2024 ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat e nunha saída o sábado, 25 de maio do 2024, de 10 a 13h, no Encoro de Abegondo-Cecebre.

Está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas maiores de 18 anos. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o taller entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. 

Tes ata o xoves, 23 de maio do 2024, ás 13h para inscribirte!!

 

Este taller ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat: 15 €
  • Adultos/as (maiores de 18 anos): 20 €


Non perdades esta oportunidade!! Anímate a aprender moito de fotografía da man de Manu Ruiz!!