No marco do programa Hábitat sen E.E.I., retomamos a loita fronte ás especies exóticas invasoras na contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules.

*Sabías que dende o pasado ano 2018 levan participado nestas tarefas 1268 voluntari@s, que acadaron ata agora a retirada de 68.108 kg da coñecida como uña de gato (Carpobrotus spp.). Paseniño, isto está permitindo a recuperación ambiental dunha gran superficie deste espazo protexido, tal e como vimos constatando grazas ás colaboracións coa Área de Botánica da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Un fermoso exemplo das capacidades que ten a sociedade para conservar o patrimonio natural.

A vindeira xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 24 de marzo do 2024, ás 16:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!