O vindeiro luns, 11 de marzo, desenvolveremos unha nova actividade no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta regresamos á contorna da Torre de Hércules cos rapaces do I.E.S Miraflores, para levar a cabo unha xornada de aprendizaxe e análise do estado ecolóxico deste espazo natural. Os alumnos iniciaranse na posta en práctica de mostraxes botánicas, avaliando a riqueza vexetal e o impacto das especies exóticas invasoras.

Seguimos fornecendo ás futuras xeracións de grandes naturalistas 🐾