O Grupo Naturalista Hábitat comprácese en anunciar que ven de adquirir diversos recursos, así como de abordar as obras de acondicionamento do aseo do seu local social, no marco da convocatoria DP0036 “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente – ano 2022”, establecido en réxime de concorrencia competitiva. Estes recursos, asumibles grazas á colaboración financieira da Deputación da Coruña, permitirán mellorar a capacidade de desenvolvemento das accións ambientais que leva a cabo a entidade de xeito cotiá.
O apoio da Administración pública ás propostas das ONGs, que procuran mellorar as súas capacidades, asúmese imprescindible, ao supoñer un factor revitalizante de cara ao denominado “Terceiro sector”. Concretamente, a Deputación da Coruña, como institución comprometida coa promoción dos diferentes ámbitos da sociedade, ten a posibilidade de favorecer na medida das súas capacidades aqueles investimentos a prol da divulgación, o estudo e a conservación do patrimonio provincial. Nesta liña, a aprobación da proposta presentada polo Grupo Naturalista Hábitat permitiu reflectir o compromiso desta institución co patrimonio natural.
Saúde e natureza.
Colabora:

Leave A Comment