Este sábado, 15 de agosto do 2020, estaremos no Parque Natural Fragas do Eume coa asociación BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico. A actividade comezará ás 10:30h. cunha charla sobre “Bolboretas e Avelaíñas.Pequenas historias dos nosos lepidópteros“, no Centro de Interpretación das Fragas do Eume (Ombre) da man de Elia Pérez Taboada e Manuel Cernadas Villar (membros do G.N. Hábitat). Unha vez rematada a charla, sobre as 11.00h terá lugar un roteiro interpretativo dentro do Parque Natural.

A actividade será gratuita e con una asistencia máxima de 25 persoas (por orde de inscripción), polo que é necesaria unha inscrición previa a través de: custodia.betula@gmail.com ou no tlf.605355650; indicando nome completo e DNI ata o xoves, 13 de agosto.

Anímate a participar!