Unha nova ruta naturalista levaranos a percorrer o litoral de Sada o luns, 6 de abril de 2026, ás 17:00 h. Camiñaremos por parte do Roteiro Mariñán Costa Doce, partindo do castelo de Fontán, e pasando por tres miradoiros ata chegar á chaira da praia de Arnela.

Durante o percorrido poderemos descubrir a escarpada costa de cantís e rochas, salpicada por algunha que outra praia, así como a zona sur do Golfo Ártabro, coas súas clásicas bateas. No entanto, e iremos debullando a biodiversidade que vaiamos atopando no camiño.

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, pero require de inscrición previa a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta acción forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014

Ven descubrir a natureza!