Este xoves, 2 de abril do 2026, de 11 a 18h, faremos unha nova actividade do proxecto “Vixías dos nosos ríos”, unha andaina naturalista nas Fragas do Eume, un exemplo das nosas fragas cada vez máis escasas e que estamos a buscar nas nosas Fragas Perdidas. Será un roteiro duns 7 km á beira do río Eume para desfrutar dalguns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural. Nel poderemos achegarnos á flora e fauna que pobla os bosques e ribeiras deste emblemático río.
A xornada, de balde e aberta ao público. Para a asistencia e participación é imprescindible realizar inscrición previa a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Esta ruta encádrase no programa “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment