Durante as vindeiras xornadas, organizaremos varias actividades especiais para descubrir a fauna que esperta cando cae o sol e gozar das estrelas do verán. Ademais, contaremos cun obradoiro único da man da ilustradora ALO, que nos achegará ao mundo das constelacións a través da arte.
As saídas nocturnas terán lugar o luns, 25 de agosto, na Costa de Dexo, e 0 martes, 26 de agosto, en Mabegondo, de 21:30h a 01:00h. Nestas saídas descubriremos a fauna nocturna e as estrelas que podemos atopar nestes dous espazos. O luns contaremos co apoio da Asociación de veciños de San Antón de Dexo, polo que os seus socios/as terán desconto nesta actividade.
O Obradoiro de Ilustración será o venres, 29 de agosto, en Liáns (Oleiros) de 17:30 a 20:30h, onde a ilustradora ALO guiaranos a través do debuxo para coñecer as constelacións que colorean o ceo nocturno en verán. As persoas participantes aprenderán técnicas básicas para representar estes organismos con precisión e sensibilidade, e crearán as súas propias ilustracións, combinando ciencia e arte. Non é necesario ter experiencia previa en debuxo.
As actividades están abertas a todas as persoas interesadas, podendo inscribirse por separado ou asistir á xornada completa.
O prezo das saídas noctunas é de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 8 €; Maiores de 14 anos: 10 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 10 €; Maiores de 14 anos: 15 €
Mentres que o obradoiro de ilustración ten un custo de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 15 €; Maiores de 14 anos: 20 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 18 €; Maiores de 14 anos: 25 €
Se te inscribes ás dúas actividades (saída e obradoiro) o prezo é de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 18 €; Maiores de 14 anos: 25 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 25 €; Maiores de 14 anos: 35 €
As prazas son limitadas e xa está aberto o prazo de inscrición e daremos prioridade ás persoas que se anoten a unha saída e ao obradoiro.
Animámoste a gozar desta experiencia única para descubrir as constelacións a través do debuxo. Non o perdas!

Leave A Comment