O mércores, 6 de agosto, teremos unha cita moi especial coa natureza en San Antón de Dexo (Oleiros). Desde as dez da noite ata a unha da madrugada, organizamos unha actividade nocturna que nos permitirá coñecer de preto as avelaíñas e outros insectos que saen a súa labor polinizadora cando cae o sol.
A actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo e consistirá na colocación dunha fonte de luz branca coa que atraeremos diferentes especies. Grazas a este sistema poderemos observar a súa diversidade, aprender a identificalas e descubrir o seu papel esencial como polinizadores e como parte fundamental dos ecosistemas nocturnos.
Será unha oportunidade perfecta para mergullarse no mundo da entomoloxía, deixar atrás a idea de que a noite é só para durmir e descubrir a gran actividade que se agocha nos espazos naturais cando cae a escuridade.
Actividade aberta e gratuíta. As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Anímate a vivir unha noite chea de descubrimentos!
Dúbidas e comentarios en: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
avv.sananton@gmail.com │ 677463493

Leave A Comment