O próximo domingo 6 de xullo, de 22:00 a 00:30 h, celebrarase unha actividade única para achegarnos ao fascinante mundo das avelaíñas e doutros insectos nocturnos, organizada en colaboración coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo (Oleiros).
Durante a xornada, utilizaremos luz branca para atraer distintas especies e coñecer de primeira man a súa diversidade e o importante papel que desempeñan como polinizadores nos ecosistemas. Unha oportunidade perfecta para descubrir os misterios da noite e gozar dun serán diferente, en contacto directo coa natureza.
Actividade aberta e gratuíta. As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Anímate a vivir unha noite chea de descubrimentos!
Dúbidas e comentarios en: avv.sananton@gmail.com │ 677463493

Leave A Comment