O vindeiro venres visitaremos de novo ao alumnado do CEIP Víctor López Seoane para unha nova actividade de coñecemento e divulgación dos valores ambientais da contorna do ENIL Torre de Hércules. Acompañaremos na entrega dos carnets de “Guardiáns da Torre de Hércules“, e daremos un paseo pola flora e fauna deste espazo aproveitando a panelística elaborada anos atrás con motivo do aniversario na listaxe do Patrimonio Mundial.