Continuando cos obradoiros de medición do estado de saúde dos ríos do proxecto Víxías dos nosos ríos, este venres pola tarde visitaremos o río Mero, no Concello de Cambre. Nesta xornada aproveitaremos para avaliar o estado químico e o índice de macroinvertebrados. Despois das visitas previas nas que avaliamos a calidade do bosque de ribeira e detectamos impactos, analizaremos cal é o seu efecto no estado ecolóxico. Compre salientar a importancia do río Mero, que fornece de auga á cidade da Coruña no encoro de Cecebre, e polo tanto medir a calidade das suas augas é importante para coñecer como pode afectar a saúde das miles de persoas que a beben.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o venres, 25 de outubro do 2024, de 16:30h a 18:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Este obradoiro encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment