O sábado, 22 de xuño do 2024, de 17h a 19:30h, terá lugar un novo Encontros Naturalistas das Herbas de San Xoan en Carral (A Coruña), onde descubriremos as diferentes herbas que se poden empregar para a noite de San Xoan e comentaremos os diferentes ritos que se realizan a noite máis máxica da nosa terra galega. Acomparanos Brexa, a entidade de custodia do territorio coa que colaboramos nesta ocasión.
*Nesta actividade NON recolleremos herbas de San Xoan, soamente aprenderemos delas e como identificalas.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment