O Grupo Naturalista Hábitat, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, comprácense en organizar un novo concurso de fotografía da natureza na Torre de Hércules, nesta ocasión con motivo da celebración do seu XV aniversario na listaxe do Patrimonio Mundial (2009-2024). Un evento que pretende poñer en valor a fauna, flora e hábitats deste espazo natural, a través da fotografía. 

Pequenos e maiores de todas as idades, inexpertos ou avezados na fotografía da natureza, poderán formar parte nesta actividade a fin de captar a riqueza natural desta contorna. Sós ou en familia, empregando unha cámara de fotos ou co mesmo teléfono móbil. Non tes excusa! 

O concurso se celebrará o vindeiro sábado 1 de xuño. Toda persoa que desexe participar deberá ler detidamente e cumprir co recollido nas Bases Reguladoras do evento, así como formalizar a inscrición online que figura accesible nas mesmas.

A participación é de balde e aberta ao público, así e todo as prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Prégase seriedade e compromiso na participación. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate!