O Grupo Naturalista Hábitat convida ao naturalismo coruñés en particular, e a todas as persoas afeccionadas á natureza en xeral, a participar en “A Gran Semana” (lagransemana.org). Este evento, que se celebra a nivel español entre os días 17 e 26 de maio deste 2024, defínese como “un reto participativo para facer unha gran prospección de datos de biodiversidade”. Pretende promocionar as ferramentas de ciencia cidadá, fomentar a creación de iniciativas locais a prol da biodiversidade, e coordinar as accións de organizaciones naturalistas, científicas, conservacionistas e institucións públicas.
A proposta do G. N. Hábitat para “A Gran Semana” é a de obter a maior cantidade de rexistros de fauna e flora dentro do termo municipal da Coruña entre as 00:00h do venres día 17 de maio, e as 23:59h do domingo 26 de maio do 2024. Para facilitar a recollida de información, e para que os totais sexan comparables entre todas as persoas participantes, o G. N. Hábitat escolleu para esta Gran Semana 2024 a plataforma Observation.org como referente.
Para introducir as túas citas (con ou sen foto) hai catro xeitos a escoller:
- Directamente a través da web: www.observation.org > Agregar > Observación.
- A través da app “ObsIdentify” (dispoñible para calquera smartphone).
- A través da aplicación para Android “ObsMapp” (dispoñible en Play Store).
- A través da aplicación para Mac “iObs” (dispoñible en App Store).
Unha vez rematado o prazo e realizada unha validación das observacións subidas á plataforma Observation (en todo caso antes do 31 de maio), proclamaranse as persoas gañadoras en tres categorías:
- Maior cantidade de rexistros válidos subidos.
- Maior cantidade de fotografías válidas subidas.
- Maior cantidade de especies válidas subidas.
Cada un dos tres gañadores será galardoado cun diploma e unha caixa-obsequio, xentileza do Grupo Naturalista Hábitat. O contacto cos gañadores será a través do correo electrónico que se tivera rexistrado na plataforma Observation.
Recursos (tutoriais) de Observation
Todos os datos recollidos rexistraranse na plataforma Observation.org, onde se poderá consultar en tempo real o reconto do número de especies observadas, participantes e observacións. Usalo é moi sinxelo:
- Dende a web
-
- Vai a observation.org
- Pulsa en “Inicia sesión ou rexístrate”
- Elixe “Rexistrarse”
- Enche o formulario
- Xa poderás ir ao menú “Agregar > Observación” para introducir unha nova observación
Poderás ver a nosa proposta na web de Observation.org, picando no seguinte botón
- Dende o teu móvil
Toma os datos dun xeito rápido coas apps de Observation! Estás comezando no naturalismo, ou queres aprender cousas novas? Usa ObsIdentify. Se es nov@ no eido da observación da natureza, recomendámosche usar esta aplicación durante o bioblitz de A Gran Semana no concello da Coruña. ObsIdentify é unha aplicación que recoñece máis de 56.000 especies europeas mediante unha simple foto, e as envía a Observation para que sexan validadas e se inclúan como válidas no Bioblitz. Ademais, recibirás consellos e trucos para mellorar os teus coñecementos.
Queres algo máis “pro”? Sabes xa o nome do que estás a ver? Usa ObsMapp (Android) ou iObs (Apple). Se xa coñeces as especies que estás a observar e queres rexistrar as túas citas sen sequera ter que facer unha foto, recomendámosche utilizar as estas aplicacións de cadernos de campo dixitais. Elixe o teu dependendo do modelo de móbil que teñas. Co caderno dixital poderás rexistrar con gran detalle as observacións que fagas (incluídas fotos), e por suposto tamén terás recoñecemento de imaxes. Tamén poderás facer listaxes en ruta (transectos) ou listas en punto (contos). Ideal para o naturalista avanzado, pero tamén para o principiante.
As dúbidas e comentarios que puideran xurdir sobre a participación neste evento deberán trasladarse vía email a damian.romay@gnhabitat.org
Anímate a participar!




Leave A Comment