O vindeiro xoves 13 de agosto, de 21:30 a 23:55 h, realizaremos unha actividade moi especial dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida.
Consistirá nun paseo nocturno observando e escoitando a fauna de actividade crepuscular propia das ribeiras do río Barcés, realizando paradas en puntos con suficiente visibilidade para observar o ceo nocturno. Coincidirá cunha das noites álxidas de Perseidas (“estrelas fugaces”), que con un chisco de sorte poderemos observar.
A actividade é gratuíta e aberta ao público, para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

