AVISO LEGAL

1. Información

En cumprimento do establecido no artigo 10 da Lei 24/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), infórmase de que o presente sitio web (https://gnhabitat.org) é propiedade do Grupo Naturalista Hábitat, cuxos datos son os seguintes:

  1. Domicilio: Rúa Camariñas, 8, baixo, 15002, A Coruña
  2. Correo electrónico: habitat@gnhabitat.org
  3. Teléfono: 981135014
  4. N.I.F.: G15039126
  5. Inscrito no:
    • Rexistro Central de Asociacións (Xunta de Galicia) co nº 2004-7391-1
    • Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia co nº 2008/0032
    • Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas co nº 512

2. Condicións de uso e política de ligazóns

O acceso a esta web e os seus servizos é libre e gratuíto. No entanto, algún destes servizos require cumprimentar previamente o correspondente formulario. O Grupo non asume ningunha responsabilidade da utilización que os usuarios realicen da información e/ou contidos da web. Así mesmo, informa da posibilidade de que os contidos non se atopen actualizados ou libres de erros ou omisións. Tamén é posible que existan circunstancias que impidan o acceso á web. En todo caso, o Grupo tentará solucionar o problema o máis axiña posible.

Calquera contido presente na páxina web é propiedade do Grupo Naturalista Hábitat ou de terceiros (autores ou propietarios de dereitos) que autorizaron a súa inclusión e atópase protexido pola normativa de Propiedade Intelectual. En consecuencia, non poderán utilizarse por terceiros sen autorización expresa dos titulares dos dereitos de autor.

Na web pódense atopar ligazóns a outras páxinas xestionadas por terceiros. O Grupo non garante o contido das devanditas páxinas, a súa veracidade ou actualización. No caso de que exista algún tipo de incidencia ou indicios de ilicitude nestas ligazóns, por favor, comuníqueo ao Grupo canto antes. No entanto, o contido e a xestión destas páxinas está fóra do control do Grupo Naturalista Hábitat, polo que non se fai responsable dos mesmos ou dos danos causados polo uso das devanditas páxinas.

3. Protección de datos

O Grupo Naturalista Hábitat comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos persoais e de adoptar as medidas necesarias para garantir a súa seguridade e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

De acordo co establecido na normativa de Protección de Datos, infórmase de que os datos que vostede facilitase voluntariamente atópanse recollidos nun ficheiro, inscrito na Axencia de Protección de Datos, cuxo responsable é o Grupo Naturalista Hábitat. Para exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, o interesado deberá remitir ao responsable un escrito asinado e copia do seu DNI, por correo ordinario ou electrónico.

Informamos de que non se empregan os datos anteriores para o envío de comunicacións comerciais por correo electrónico non autorizadas expresa e previamente polo interesado, de acordo co disposto polo artigo 21 da LSSICE. Para darse de baixa destas comunicacións, poderá seguir o procedemento incluído en cada comunicación ou enviar un correo á seguinte dirección: habitat@gnhabitat.org.

4. Política de cookies

Coa finalidade de mellorar e facilitar o servizo da páxina, realízase análise estatística e de patróns de uso (número de visitas, frecuencia de uso, etc.).

As cookies que emprega esta web son as seguintes:

Tipo de cookies Finalidade Duración Xestión
Análise Permiten realizar unha análise estatística da utilización da páxina web. É un servizo proporcionado por Google Analytics. Persistentes Terceiros
Personalización Utilizadas para personalizar a interface do sitio web en función do navegador utilizado. Proporcionadas polo xestor de contidos WordPress. Persistentes e de sesión Terceiros
Complemento de redes sociales Utilizadas cando mostramos o noso timeline de Twitter e vídeos embebidos de Youtube. Permiten compartir os contidos ou lembrar os que viches. Persistentes Terceiros

NOTA: Este cadro manterase actualizado. Con todo, é posible que durante a devandita actualización non se inclúa algunha cookie ou dispositivo similar.

Se desexa bloquear ou eliminar as cookies instaladas, primeiro debe deshabilitar o seu uso no seu navegador e despois eliminar as cookies asociadas a esta web. Para máis información sobre configuración das opcións do seu navegador: